Nosos Servizos

Servizos

Contamos con persoal con formación superior especializada en distintos campos, e cun amplo grupo de asesores universitarios, o que nos permite prestar asesoramento específico e especializado en moi diversos ámbitos.

Asesoramento xurídico xeral

Sector público

  • Elaboración de propostas normativas.
  • Elaboración de informes e ditames xurídicos.
  • Elaboración de pregos de contratación administrativa.
  • Deseño e elaboración de cartas de servizos.

Sector privado

  • Elaboración de informes e ditames xurídicos.
  • Asesoramento técnico-xurídico en materia de contratación administrativa: elaboración de proxectos e xestión da documentación xerada no marco do procedemento de contratación.
  • Defensa letrada na orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Asesoramento financeiro

  • Elaboración de propostas normativas.
  • Elaboración de informes e ditames xurídicos.
  • Elaboración de pregos de contratación administrativa.
  • Deseño e elaboración de cartas de servizos.

Formación

Sector Público

  • Deseño de plans de formación especialmente orientados á actualización e adaptación aos constantes cambios normativos (emprego público, contratación pública, administración electrónica e normativa comunitaria).
  • Elaboración de materiais didácticos e formativos.
  • Impartición de formación.

Sector Privado

  • Deseño e elaboración de plans de formación especialmente no ámbito de prevención de riscos laborais, habilidades directivas, formación continua.
  • Elaboración de materiais didácticos e formativos.
  • Impartición de formación.

Elaboración de plans e proxectos

Elaboramos todo tipo de estudos, plans e proxectos, tanto no sector público como no privado.

  • Intermediación e asesoramento no desenvolvemento de proxectos I+D+i.
  • Asesoramento e elaboración de Proxectos Europeos e intermediación cos axentes públicos e privados do sistema.
  • Deseño e elaboración de plans estratéxicos nos diferentes ámbitos das políticas públicas.
  • Deseño e elaboración de protocolos de actuación no ámbito da sanidade e dos servizos sociais.
  • Deseño e elaboración de protocolos de actuación en materia de Prevención de Riscos Laborais.
  • Deseño e elaboración de cartas de servizos no sector empresarial.
  • Deseño e elaboración de Plans de Igualdade

Asesoramento en Recuros Humanos

Prestamos asesoramento integral en materia de recursos humanos, tanto no sector público coma no privado.

Sector público

  • Asesoramento integral en xestión de RRHH.
  • Elaboración de Relacións de postos de traballo.
  • Asesoramento na implementación doutros instrumentos de ordenación dos RRHH.
  • Asesoramento en materia de negociación colectiva; elaboración de propostas de Convenios Colectivos e Acordos Reguladores das condicións de traballo.
  • Selección de persoal: Redacción de convocatorias, bases e xestión de procesos selectivos.
  • Deseño de ferramentas tecnolóxicas de xestión de persoal; rexistro de persoal e outros instrumentos de xestión en materia de RRHH.
  • Deseño de instrumentos de planificación; plans de emprego.

Sector privado

  • Asesoramento integral en xestión de RRHH.
  • Desenvolvemento de procesos de selección de persoal.
  • Xestión de nóminas e seguridade social.
  • Contabilidade

Xestión de subvencións

Buscamos, xestionamos e tramitamos todo tipo de subvencións, dende a convocatoria ata a resolución/concesión:

  • Servizo de alertas sobre convocatorias de subvencións.
  • Elaboración de proxectos subvencionables.
  • Xestión e tramitación do procedemento subvencionado.