Obradoiro para busca de emprego

AUTISMO DE GALICIA

A Federación de Autismo de Galicia organiza un Obradoiro de Técnicas de busca de emprego, para persoas con autismo ou síndrome de Asperger en idade laboral, interesadas en adquirir habilidades sociolaborais,

A acción formativa celebrase o vindeiro luns 16 de setembro, en Santiago no Centro de Recursos da Federación. As persoas asistentes poden acudir acompañadas.

O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 11 de setembro.

Para máis información e inscricións, consultala páxina web da Federación Autismo Galicia ou  no Centro na Avda. Rodríguez de Vigurí núm. 35 en Santiago de Compostela. (Tlfo. 981 589 365 – correo: info@autismogalicia.org)

Anuncios
Tagged with: , , , , , , ,
Publicado en Ofertas Formación
A %d blogueros les gusta esto: