Axudas material escolar 2013/2014

AXUDAS LIBROS

A Consellería de Educación convoca axudas para adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinado o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2013/2014.

Os destinarios son o alumando de primaria, ESO ou educación especial nun centro sostidos con fondos públicos de Galicia durante o curso 2013/2014  e non repetir curso neste ano (agás alumnado de 1º ou 2º de primaria que si poderán repetir).

As solicitudes entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado.

Os prazos de presentación son os seguintes:

– Educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ó 3 de xullo.

– ESO con matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ó 26 de xullo.

– ESO con matrícula no prazo extraordinario: do 2 de semtebro ó 2 de outubro.

– Novas incorporacións ó longo do curso: un mes a partir do día seguinte a formalización da matrícula. En todo caso, sempre antes do 31 de marzo de 2014.

Para máis información e bases, consultalo DOG do 31 de maio ou a páxina web da Consellería de Educación.

 

Anuncios
Tagged with: , , , , , ,
Publicado en Información e Novas
A %d blogueros les gusta esto: