Prazas en centros residencias docentes

CRD

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2013/2014.

Para optar á praza os aspirantes deben acreditar circusntancias que impidan a escolarización nun centro sostido con fondos públicos.

– Con carácter xeral, esta circunstancia pode ser a inexistencia dun centro sostidos con fondos públicos que imparta eses estudos, ben na localidade de residencia, nunha próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade.

– Con carácter particular, poden alegarse outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillos de emigrantes ou situacións familiares moi graves.

As solicitudes poden presentarse directamente nos centros residenciais docente, o prazo ordinario está aberto ata o 14  de xuño.

A primeira quincena do mes de setembro abrese un prazo extraordinario para a presentación de solicitudes para ensinanzas autorizadas pola administración educativa con posterioridade a publicación desta convocatoria. Tamén poden presentar neste prazo o alumnado de ciclos formativos ou bacharelato.

Os trámites poden facerse a través da guía de procedementos da Xunta de Galicia (ED306A)

Para máis información, consultalo DOG do 14 de maio e nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Vigo ou Ourense.

Anuncios
Tagged with: , , , , , ,
Publicado en Información e Novas
A %d blogueros les gusta esto: