Apertura de listas de contratación

XUNTA

A Xunta de Galicia abre as listas de contratación temporal para diferentes postos de traballo.

A documentación requerida é:

Instancia cuberta (cúbrese vía telemática e imprímese)

– Resguardo de abono de tasas (cúbrese via telemática ou nunha entidade bancaria)

– Copia do D.N.I.

– Copia certificado do coñecemento do galego (segundo o caso)

– Copia da titulación requerida nas bases

– Copia doutros requisitos específicos de cada posto.

O prazo de presentación de solicitudes remata ó 15 de xullo.

No seguinte enlace pódese atopar máis información, así como acceso os impresos que hai que cubrir.    http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92

Para consultalos requisitos esixidos para cada posto, neste enlace tendes un arquivo pdf cunha taboa.  http://funcionpublica.xunta.es/?q=XerarInstanciasListas 

As persoas que se inscribiron en anos anteriores, xa non é necesario que volver facelo, sempre que foran admitidas. Para comprobalo, neste enlace http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp

Importante tódalas copias deben ir cotexadas, indicando nome e DNI do funcionario, senón serase excluído.
Anuncios
Tagged with: , , , ,
Publicado en Información e Novas
A %d blogueros les gusta esto: